MUSAAT: Renovación pólizas de RCP para profesionais da Arquitectura Técnica 2027
Publicada o 20/10/26

MUSAAT, comunícanos as novidades relativas á renovación das pólizas de Responsabilidade Civil Profesional para os profesionais da Arquitectura Técnica 2027.

  • Por estar colexiado, beneficiaraste da Cobertura PLUS Mutualista Colexiado pola que incrementamos a suma asegurada da túa cobertura para danos materiais en función da túa antigüidade na Mutua, sempre que non reduzas a túa suma asegurada contratada.
  • Inclusión dos ensaios Blower Door na táboa de intervencións profesionais e, tamén, nas Condicións Especiais como unha garantía accesoria.

Para o 2027, MUSAAT aposta por unha renovación baseada na continuidade e a mellora constante, consolidando aquelas medidas que demostraron achegar un valor real ao colectivo de Arquitectos Técnicos, achegando un valor diferencial con respecto a outras compañías aseguradoras de RCP e reforzando o compromiso con todos vós.

Desta forma, manterán extorno parcial de prima por participación no resultado positivo da Conta Técnica do produto de Responsabilidade Civil para Profesionais da Arquitectura Técnica (Artigo 11º das CCEE) para todos aqueles mutualistas con póliza de RCP para Profesionais da AT en vigor durante 2026 e que a renoven para 2027. En función do resultado positivo da Conta Técnica deste produto, o Consello de Administración da Mutua fixará a porcentaxe de participación e o extorno parcial da prima realizarase unha vez fosen aprobadas as Contas Anuais de 2026 pola Asemblea Xeral. A devolución verase reflectida a comezos do segundo semestre de 2027.

Así mesmo, incluíron outras melloras nas pólizas de Responsabilidade Civil Profesional, sen custo adicional, para seguir premiando a túa fidelidade e reforzar a protección que ofrecen. Como novidade salientable para 2027, melloraron todo o acceso ás pólizas corporativas de inactivos, duplicando na maioría dos casos a suma asegurada. E, ademais, prolongan as melloras incorporadas en anos anteriores.

Poderás consultalo a partir de finais de outubro de xeito rápido e sinxelo desde a área Mutualista da web ou a través da App de Musaat que, se aínda non a tes, podes descargarcha escaneando, segundo o teu sistema operativo.



Máis información sobre a firma dixital a través da web ou App en documentos adxuntos.

Ficheiros
Relacións
  • No hay relacións en esta noticia.