COMPETENCIA SANCIONA AO COLEXIO DE ARQUITECTOS DE SEVILLA

O CGATE infórmanos que o Consello de Defensa da Competencia de Andalucía impón unha multa de 36.000 € ao Colexio Oficial de Arquitectos de Sevilla por incumplir a Resolución de 12 de marzo de 2014 pola que dita Corporación asumiu, no marco da terminación convencional do expediente sancionador S/09/2014, unha serie de compromisos, entre eles, o envío dunha carta a tódolos Concellos da provincia de Sevilla rectificando e aclarando que “non existe una lei específica sobre atribucións profesionais que estableza reserva algunha a favor dun técnico concreto para as funcións de informar e asesorar en materia de xestión e disciplina urbanística”.

Ademais, o CDCA esixe ao COAS dar cumprimento dos compromisos acordados na terminación convencional anteriormente referida no plazo de 10 días dende a notificación da Resolución, establecendo unha multa coercitiva por importe de 900 € diarios no suposto de que o Colexio incumpla esta obrigación no plazo concedido.

Por último, a Resolución que agora se adxunta (VS 01/2015) interesa ao Departamento de Investigación da Axencia de Defensa da Competencia de Andalucía a instrución dun expediente por incumprimento, por parte do COAS, da Resolución de 12 de marzo de 2014.

Mais información no documento adxunto.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros