GUÍA DE COR E MATERIAIS DE GALICIA
PORTADA GABINETE Notas TécnicasGuía de Cor e Materiais de Galicia

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio da Xunta de Galicia desenvolveu unha Guía de Cor e Materiais de Galicia, coa finalidade de proporcionar uns criterios e directrices técnicas e obxectivas para a regulación do emprego da cor e os materiais de revestimentos arquitectónicos nas paisaxes urbanas, rururbanas e rurais das doce grandes áreas paisaxísticas de Galicia. Esta Guía está fundamentada sobre unha investigación das características das edificacións tradicionais e orientada a asegurar unhas boas condicións de integración paisaxística, tanto en obras de rehabilitación ou reforma de edificacións existentes, como en obras de nova construción.

Os criterios expresados na Guía pretenden lograr un equilibrio entre a congruencia coa arquitectura tradicional, e por tanto co patrimonio cultural en sentido amplo, e a búsqueda dun nivel alto de calidade escénica nas contornas humans. Con este fin, tras un análise de preto de 3.800 edificacións en núcleos urbanos, periurbanos ou núcleos rurais, solo rústico e polígonos industriais, obtívose un diagnóstico sobre os materiais e cores empreadas na arquitectura tradicional e recente en cada comarca paisaxística, así como unha proposta sobre os materiais e cores recomendados para ser utilizados en cada tipoloxía de edificación.

A Guía está estruturada en catorce tomos:

  • Unha Memoria na que se expoñen os antecedentes, outras experiencias semellantes, explícase a metodoloxía desenvolvida, resúmense as características da paisaxe de cada Grande Área Paisaxística e sintetízanse os traballos de recollida de información e as conclusións xerais de diagnóstico de materiais e cores para cada unha das grandes áreas paisaxísticas.
  • Un tomo de Instruccións de uso, que inclúe as instrucións para a utilización da Guía, así como os criterios e recomendacións xerais para o uso dos materiais e as cores nas construcións.
  • Doce cadernos, un por cada Grande Área Paisaxística, nos que se recollen as cartas de cores detalladas para cada unha das tipoloxías de edificación consideradas.

 

Podes consultar esta Guía picando aquí.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.