ACTIVATIE

O COATAC está integrado na Plataforma Colegial Activatie, da que forman parte neste momento trinta Colexios da nosa profesión: Albacete, Alicante, Asturias, Badajoz, Burgos, Cáceres, Cantabria, Ciudad Real, Córdoba, Cuenca, Fuerteventura, Granada, Guadalajara, Gran Canaria, Huelva, Huesca, Lanzarote, La Rioja, León, Lugo, Murcia, Ourense, Pontevedra, Salamanca, Tenerife, Teruel, Toledo, Valencia, Zamora, Zaragoza e que engloba a mais de vinte mil colexiados.

A plataforma naceu co obxectivo de colaboración entre Colexios, compartindo e optimizando recursos pero, sobre todo, o de garantizar aos colexiados o acceso a uns servicios moito mais variados e especializados, adaptados ás novas tecnoloxías, independientemente da demarcación territorial.

Activatie ofrece formación online, ofertas de traballo, publicacións, novas e consultas técnicas, ademais, persegue promocionar unha marca profesional unificada cara os cidadáns a nivel nacional, como é a de aparellador como experto en edificación.

Podes acceder á Formación  Activatie picando aquí.

Unha das iniciativas desta campaña concretouse co Blog O teu edificio en forma, como un sitio web onde os ciudadáns poden relacionarse e contactar cos colexiados de xeito directo, ofrecéndolles os nosos servizos.

Para solicitar o acceso á plataforma, debes enviar o Boletín de Alta que se adxunta ao Gabinete Técnico do Colexio, a través do e-mail: gestiongabinete@coatac.es


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros