Procedemento a seguir para solicitar a publicación de ofertas de emprego para profesionais da Arquitectura Técnica a través do noso servizo de Bolsa de Traballo: será necesario enviar un correo electrónico a bolsatrabajo@coatac.es, indicando os seguintes datos imprescindibles:
Opción A/ Para contratación como asalariado/a:
(Realiza o seu traballo baixo as directrices dunha empresa, baixo contrato laboral e alta na seguridade social como asalariado/a. Suxeito/a a horario da empresa. A persoa ou entidade empregadora proporciona á persoa traballadora os medios para levar a cabo as súas actividades, e ésta percibe mediante nómina o salario establecido no Convenio Colectivo para súa categoría profesional):
Poñemos ao dispor das Empresas que soliciten publicar unha oferta de traballo, un plantilla de solicitude (Poden descargala no documento adxunto) que inclúe os campos obrigatorios para que a Vogalía de Bolsa de Traballo poida revisala previamente á súa publicación.
(IMPORTANTE: o Colegio -para coñecemento dos seus colexiado/as- fará constar xunto coa circular da oferta, copia do Convenio Colectivo do que se trate, no que constan, entre outros datos, as retribucións mínimas legais para as categorías que corresponden ás titulacións da nosa profesión).
Opción B/ Ofertas de emprego dirixidas a contratación de Profesional Liberal da Arquitectura Técnica (autónomo) - (non TRADE):
(Oferta para Empresario/a individual ou traballador/a por conta propia, persoa física que realiza de forma habitual, persoal, directa, sen suxeción a horario laboral estipulado pola empresa, e facturando polos servizos prestados -honorarios liberalizados, a determinar polo/a técnico/a-. Non tená un contrato de traballo que o vincule a traballar por conta dun empregador. A súa actividade está regulada polas leis fundamentais:
• Lei 20/2007 de 11 de xullo do Estatuto de Traballador Autónomo,
• Lei 6/2017, de 24 de outubro, de Reformas Urxentes do Traballo Autónomo.)
- Identidad de la empresa solicitante. En caso de que non desexen que se publique o nome da empresa, fágano constar; do contrario, entenderase que pode publicarse).
- Denominación exacta do posto de traballo que se oferta (Xefe de Obra, Dirección de Execución de Obra...) e descrición do traballo a realizar.
- Indicar claramente que se trata dunha oferta de traballo para Profesional Liberal.