PERITOS XUDICIAIS
PORTADA COATACPeritos Xudiciais

De conformidade co art. 340 da Lei de Enxuizamento Civil e no que respecta ás actividades propias da Arquitectura Técnica, para poder exercer como perito xudicial é suficiente con poseer o título oficial correspondente.

O art. 341 establece que a primera designación efectuarase por sorteo realizado en presenza do Secretario Xudicial a partir das listas remitidas polo Colexio Profesional, e a partir desta efectuaranse as seguientes designacións por orde correlativo.

Advírtese aos colexiados inscritos nas listas sobre a obrigación de aceptar as designacións que lles correspondan por turno según o art. 342, excepto por razóns de forza maior debidamente acreditadas o naqueles casos nos que non poidan intervir por ter tido anteriormente relación directa co mesmo caso ou calquer outro dos supostos legalmente establecidos. Ademáis das responsabilidades nas que poderían incurrir, corren o risco de non volver a ser chamados.

Recórdase asimesmo que, no mesmo prazo que se designe para a inclusión, aqueles colexiados que desexen ser retirados das listas deberán de manifestalo de forma expresa.

Listaxe enviado a Admón. Xudicial/UPG/Notarios ó 24/10/2025.

Os titulares das devanditas direccións electrónicas non consenten a recepción de comunicacións publicitarias, promocionais ou alleas ao ámbito propio da súa actividade profesional.

PRESENTACIÓN DE INFORMES PERICIAIS #ANTE Os XULGADOS

Os colexiados/as que fosen designados por un órgano xudicial para a elaboración de informes periciais, poden presentar escritos, informes e documentación relacionada co procedemento a través da Sede Xudicial Electrónica de Galicia.

O acceso realízase a través da seguinte ligazón: https://sede.xustiza.gal/portada

Para realizar a presentación electrónica é necesario identificarse mediante certificado dixital, DNI electrónico ou sistema de identificación admitido, seleccionar o trámite correspondente:

  • Comunicación ou cambio de domicilio
  • Escrito de trámite xeral
  • Presentación de informe pericial
  • Solicitude de información, copia...
  • Etc...

Unha vez seleccionado o trámite, complétanse os datos que solicitan e anéxase a documentación relativa, finalmente asínase electronicamente o envío.

Ao finalizar o trámite, o sistema xera un xustificante de rexistro electrónico, que acredita a presentación #ante o órgano xudicial.