FORMACIÓN FLC: CURSO COORDINADOR SEGURIDADE E SAÚDE EN CONSTRUCIÓN
A Fundación Laboral da Construción de Galicia convoca a edición 2025 dO curso de "Coordinador/a de seguridade e saúde en construción". A formación, subvencionada pola Xunta de Galicia, impartirase entre o 23 de maio e o 24 de outubro e ten unha duración de 200 horas.
O prazo de inscrición remata o 21 de maio.