FORMACIÓN FLC: CURSO ESPECIALISTA EN XESTIÓN DE OBRAS DE REHABILITACIÓN
A Fundación Laboral da Construción de Galicia convoca unha nova edición do Curso de Especialista en Xestión de Obras de Rehabilitación (parcialmente subvencionado). Este Curso aborda os seguintes aspectos:
- Materiais e técnicas construtivas en rehabilitación.
- Xestión administrativa e económica das obras.
- Instalacións e eficiencia enerxética nas obras.
Con este curso, de 300 horas de duración, a Fundación Laboral da Construción ofrece diversidade de recursos, combinando clases teóricas, obradoiros prácticos e visitas externas.
Duración: 300 Horas (185 horas presenciais + 115 teleformación)
Inicio: 09 de maio de 2025
Fin: 05 de decembro de 2025