WEBINAR GRATUÍTO: A SOLUCIÓN DEFINITIVA Á HUMIDADE POR ASCENSO CAPILAR

Inscrición gratuíta picando aquí.

Neste webinar gratuíto coñeceremos a revolucionaria tecnoloxía Biodry que elimina de forma permanente a humidade en muros, sen obras e sen trucos. Non é electroósmosis nin un parche temporal: actúa na raíz do problema para unha desecación total de calquera edificación.

Dedicarase   especial atención ao fundamento físico, as sorprendentes características e vantaxes da súa tecnoloxía, o procedemento técnico e referencias de secado en España.

TECNOLOXÍA SUÍZA

A tecnoloxía Biodry é unha solución natural, segura e definitiva que se fundamenta nun principio físico natural para deter o ascenso progresivo da humidade sen requirimento de métodos invasivos, nin agresivos. Biodry é 100% efectivo xa que é o único sistema que comprende a verdadeira causa que provoca esta patoloxía e actúa sobre a mesma.

Ningún aditivo químico, nin emisións electromagnéticas ou intervencións invasivas no edificio. É a forza do noso dispositivo. A humidade por capilaridade é un fluxo continuo de moléculas de auga que soben polas micro-porosidades do material por atracción dos muros en contacto co terreo. A pesar da forza de gravidade, a humidade pode alcanzar alturas moi elevadas, excedendo os 4 metros de altura.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.