XORNADA LEAN CONSTRUCTION BARCELONA 2025: COLABORAR OU COMPETIR

Desde o Instituto de Tecnoloxía da Construción, ITeC, xunto coa consultora BIMETRIC co apoio do Clúster AEICE e o CGATE, organizaron unha nova edición da Xornada Lean Construction Barcelona, baixo o lema “Colaborar ou competir”. Este encontro sobre Lean consolidouse como punto de referencia para os profesionais do sector interesados nas metodoloxías Lean e a transformación colaborativa do sector.

Este evento ten como obxectivo compartir coñecementos, experiencias e boas prácticas sobre a aplicación do Lean Construction, cun especial énfase no traballo colaborativo e a contratación colaborativa.

Esta xornada terá lugar na casa da Luz Barcelona Simon Barcelona (Calle de Sancho de Ávila 66, 08018 Barcelona) o día 2 de outubro de 9:00 a 18:30 horas. Inclúe networking, coffee break, almorzo e clausura.

Para poder asistir a esta xornada presencial hai que inscribirse a través deste enlace. Os profesionais colexiados terán un 20% de desconto na inscrición.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.