FORO DE CONSTRUCIÓN INDUSTRIALIZADA 2025

A Asociación Española de Construción Industrializada (AECI) organiza de novo o Foro de construción industrializada 2025, coa colaboración do Consello Xeral. Despois das edicións de 2023 e 2024, esta edición terá lugar o 29 de outubro, na sede do Colexio oficial de arquitectos de Madrid, C/ de Hortaleza, 63.

O Foro ocupará o día completo, con sesións en paralelo de mesas redondas, talleres de casos prácticos e relatorios internacionais.

Nesta edición, o Consello Xeral participará nunha mesa redonda sobre a “Calidade na construción industrializada. Procesos industriais, certificación e sustentabilidade”.

A tarifa de inscrición para os membros de entidades colaboradoras, como é o caso de Consello Xeral, será de 75 euros, que ademais da participación na xornada cubrirá o almorzo, xantar e café.

Para ampliar información sobre o programa da xornada, así como realizar a inscrición á mesma, pulse aquí.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.