Entrar a formar parte deste COATAC significa contar con múltiples Vantaxes, Servizos e Actividades que che reportarán beneficios tanto a nivel profesional como persoal.
Desde o Colexio coidamos dos nosos colexiados, contamos con servizos e ferramentas que tentan dar resposta a calquera necesidade que poida xurdir no ámbito profesional, como acceso a normas UNE, biblioteca, etc…
Ao estar colexiado tes á túa disposición un servizo de Asesoría Xurídica, Fiscal e Técnica para dar resposta a todas as túas dúbidas no exercicio da profesión.
Dispoñemos dun departamento de Bolsa de Traballo, así como un Servizo de Atención telefónica ao Colexiado para a tramitación de visados e seguros profesionais.
Por outra banda, desde o Gabinete Técnico organizamos eventos, xornadas e cursos, ademais de actividades culturais e de lecer co obxectivo de fomentar o desenvolvemento profesional e persoal.
Contas con ferramentas de información para estar ao corrente de todas as novidades que xurdan relativas á profesión. A nosa web colexial é unha ferramenta con numerosa información para estar ao corrente das últimas novidades profesionais, ademais das nosas redes sociais: LinkedIn, Twitter/X, Instagram, as canles de WhatsApp e Telegram, así como a canle de Youtube, onde podes atopar vídeos explicativos do funcionamento das tramitacións dixitais, #etc…
A revista colexial DePlano na que se publican artigos técnicos cunha edición cuadrimestral, así como, a circular colexial cunha periodicidade mensual, na que se informan das últimas novidades.
Os colexiados ademais gozan de numerosas vantaxes exclusivas en todos os ámbitos grazas aos acordos que o Colexio mantén con diversas empresas/compañías, ver convenios.
Debes de ter en conta que as funcións do Arquitecto Técnico non se poden exercer se non se está colexiado. Acceso a documento explicativo.
A pertenza de todos os profesionais da Arquitectura Técnica á organización colexial garante unha mellor e máis eficaz defensa dos intereses do colectivo e outorga unha maior transcendencia da Profesión na Sociedade, así como un empuxe ao seu recoñecemento xeral.
Tes toda a información para poder colexiarche aquí.


