CURSO: REGULAMENTO EMAS E DECLARACIÓN AMBIENTAL (CURSO M-43)

A Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático organiza, en colaboración con Campus AENOR, a xornada formativa Regulamento EMAS e Declaración Medioambiental (Curso M-43) á que nos comprace convidalo/a.

O curso, financiado ao 100% pola Xunta de Galicia e cunha duración de 12 horas lectivas, está dirixido a profesionais dos sectores público e privado relacionados coa xestión, consultoría e áreas técnicas de medio ambiente.

A continuación, detállanse os contidos do curso:

- O Regulamento Europeo EMAS de xestión e auditoría medioambientais: Antecedentes

  •  Ámbito de aplicación
  •  Estrutura organizativa e axentes implicados
  •  Requisitos
  •  Relación entre o Regulamento EMAS e a Norma UNE-EN ISO 14001:2015

- Contido da Declaración Medioambiental:Requisitos básicos dunha Declaración Medioambiental segundo EMAS

  • Requisitos legais ambientais (fortalezas/debilidades asociadas ao cumprimento legal e solucións para a consecución final do Rexistro EMAS)
  • Mellora de contidos da declaración en función do tipo de actividade

- Proceso de verificación e validación da Declaración Medioambiental

A actividade formativa terá lugar os días 27 e 28 de outubro de 2025 no Hotel OCA Puerta del Camino (C/ Miguel Ferro Caaveiro, s/n, 15703, Santiago de Compostela),
no seguinte horario:

  • Luns, 27 de outubro: 8.30 a 14.30
  • Martes, 28 de outubro: 8.00 a 14.00

Ao remate da segunda xornada, que será clausurada pola directora xeral de Calidade Ambiental e Sostibilidade, María José Echevarría Moreno, ofrecerase aos asistentes un cóctel/networking.

Os datos necesarios para formalizar a inscrición son os seguintes: nome e apelidos; DNI; enderezo de correo electrónico.

Para máis información e inscricións, poden poñerse en contacto a través da dirección electrónica avaliacionambiental.medioambiente@xunta.gal ou no teléfono 881 999 780.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.