A Xunta de Galicia realiza a VIII edición do Programa Mocidade Mentoring, tal e como consta nas bases publicadas na súa páxina web, está dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos, de alta no Sistema de Garantía Xuvenil (que se poden inscribir antes de que finalice o prazo o 27 de outubro inclusive) e que teñan finalizados estudos universitarios ou de FP superior e estudos de réxime especial en centros situados en Galicia.
Este programa combina actividades de mentoría profesional, orientación laboral, formación e networking. Toda a información do programa pódese ver na web https://www.xuventudementoring.gal/, ou en LinkedIn, estando na actualidade aberta unha convocatoria para unha nova edición.
O prazo de inscrición esta aberto ata o próximo 27 de outubro inclusive. Para inscribirse, é a través desta ligazón: Inscrición, Formulario, VIII Edición - Xuv. Mentoring.
Este Programa execútase por parte de CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia), co financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Mocidade) e o FSE, en colaboración coas tres universidades de Galicia.
Más información en documentación adxunta.