ISSGA: WEBINAR INFORMATIVO "NOVIDADES NA GUÍA TÉCNICA DE MANIPULACIÓN MANUAL DE CARGAS DO INSST"

Dende o Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (ISSGA) convidámolo/a a participar no webinar informativo: "Novidades na guía técnica de manipulación manual de cargas do INSST"

  • Data: 13 de novembro de 2025
  • Horario: 10:00 – 11:45 h
  • Modalidade: Videoconferencia

Este encontro, realizado en colaboración con Fremap, está dedicado a analizar as novidades da Guía Técnica para a avaliación e prevención dos riscos relativos á manipulación manual de cargas (MMC), actualizada polo INSST en novembro de 2024. A nova edición introduce criterios máis flexibles e métodos alternativos de avaliación, así como un novo apéndice sobre a mobilización de persoas, co obxectivo de ofrecer solucións adaptadas ás distintas realidades laborais.

Dende O ISSGA enviámoslle esta invitación para contar coa súa asistencia e pedirlle que a difunda a outras outras persoas interesadas, ao tempo que agradecemos a súa implicación nas nosas actividades formativas.

Máis información e inscricións: web


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros