Unión Profesional e a Delegación do Goberno contra a Violencia de Xénero do Ministerio de Igualdade presentan a terceira edición do Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres, unha iniciativa caracterizada pola súa gratuidade e formato online, que ten como obxectivo dotar á comunidade profesional de todas aquelas ferramentas necesarias para garantizar a prevención da violencia de xénero.
O Programa formativo en prevención e erradicación da violencia contra as mulleres consta de cinco formacións: dúas formacións xerais —unha enfocada á prevención do acoso en entornos profesionais, e outra dirixida á sensibilización e prevención da violencia contra as mulleres—; e tres formacións específicas que abarcan as áreas sanitaria, xurídica e social.
Trátase de cinco cursos certificados, de 20 horas cada un, que poderán realizarse do 12 de novembro do 2025 o 12 de maio do 2026. As cinco formacións son as seguintes:
- Sensibilización para a prevención e erradicación da violencia contra as mulleres.
- Prevención e actuación ante o acoso, a discriminación e a violencia contra as mulleres no entorno laboral e profesional.
- Prevención das violencias contra as mulleres en entornos sanitarios.
- Prevención das violencias contra as mulleres en entornos xurídicos.
- Prevención das violencias contra as mulleres en entornos sociais.
No propio programa suxírense posibles itinerarios adaptados ás necesidades formativas dos distintos colectivos profesionais. Toda a información sobre a inscrición e acceso o dossier do programa atópase dispoñible no seguinte enlace:


