O próximo 3 de decembro, ás 09:30 horas, no Auditorio 2, do edificio CINC, da Cidade da Cultura de Santiago, terán lugar as XIII Xornadas de Arquitectura e Deseño nas que se abordará a importancia do deseño na construción, coa mirada posta no mercado. Os estudios de arquitectura RVR Arquitectos, Estévez e González Arquitectos e Fuertes Penedo Arquitectos compartirán algunhas das súas obras mais destacadas en madeira, mostrando as solucións empregadas ante diferentes escenarios. O término destas intervencións, celebrarase unha mesa de debate, “Arquitectura, interiorismo e deseño galego no Parador de Muxía”, na que teremos a oportunidade de coñecer da man do seu arquitecto, Alfonso Penela, e os deseñadores de interiores, David García, de Grupo Ramón García e Francisco Pérez, de Sutega, as particularidades desta obra tan emblemática.
A edición deste ano cuenta co patrocinio de Maderas Rubén, Molduras del Noroeste, Grupo Ramón García, Laminados Villapol, Senssia, Seranco e Grupo Siero.
Mais información no documento adxunto. Pica aquí para formalizar a túa INSCRICIÓN


