DESEÑO DE EDIFICACIÓN INDUSTRIALIZADA CON MADEIRA
A Universidade da Coruña xunto coa Xunta de Galicia organizan o curso de Deseño de Edificación Industrializada con Madeira.
En total o curso terá unha duración de 62 horas presenciais (ETSAC, A Coruña, España), e 12 horas en liña. A preinscrición está aberta desde o 20 de xaneiro ata o 16 de febreiro. As clases serán desde finais de febreiro ata finais de xuño do 2026, en horario de tarde (15 a 19 horas os venres).
Os interesados poden realizar a preinscrición enviando un mail a Pilar de la Rosa: pilar.delarosa@udc.es
- Datas e horarios: de Febreiro a xuño de 2026 (xoves 19 e 26 de febreiro de 15:00 a 19:00 horas, venres do 20 ao 26 de xuño de 15:00 a 19:00 horas).
- Lugar de impartición: ETS de Arquitectura da Universidade da Coruña.


