No mes de febreiro (non hai día pechado aún), o fabricante de pinturas IBERICA DE REVESTIMIENTOS GRUPO EMP S.L.U., realizará unha formación e visita na súa fábrica de Asturias. Esta visita realízase todos os anos con clientes da empresa e este ano queremos que os primeiros en apuntarse poidan ser colexiados/as da Coruña.
O planing da visita é:
- Saída un xoves pola tarde desde A Coruña en Mini Bus.
- Chegada o hotel e cea.
- Después do almorzo, saída a fábrica de Ibersa. Venres.
- Formación de sistemas de pintado en interior e exterior impartido pola nosa Product Manager de España e Portugal.
- Visita a instalacións da fábrica con información dos procesos de fabricación, visita a laboratorio.
- Comida.
- Volta a Coruña despois de comer.
A viaxe é completamente gratuito, non se abona nada por parte das persoas que veñen a fábrica. As prazas son moi limitadas e cúbrense pronto.
As empresas e persoas interesadas en ir deben enviar un correo electrónico a israel.sanchez@ibersa.es, indicando Nome, DNI, teléfono de contacto. No momento que empecen a chegar os primeiros mails, indicarase ás persoas que os manden o día exacto da visita, o horario e punto de recollida. Poden contactar para dúbidas con Israel Sánchez, técnico Comercial de Ibersa/Caparol/Disbon en el 646494904.


