O Consello Galego suscribiu un Convenio coa UDC para ofrecer aos/as colexiados/as de Galicia, Asturias e León acceso o Curso DIRECCIÓN DE OBRA DE CONSTRUCIÓN INDUSTRIALIZADA. DOCI-EUAT, mediante o que se poderán obter microcredenciais.
Actualmente, existe a necesidade de formar a profesionais do sector da construción na xestión e execución de proxectos industrializados, unha solución cada vez mais frecuente en comparación coas solucións tradicionais. Por outro lado, os elementos prefabricados son unha opción cada vez mais extendida que require formación específica para os profesionais do sector. Este curso ofrece os coñecementos técnicos necesarios para lograr a reconversión profesional que demanda o sector da construción industrializada, un sector que ven a solucionar a necesidade de man de obra e o déficit de vivenda na sociedade, considerándose unha forma de construir vivendas de forma rápida, económica e coa máxima calidade.
OBXECTIVOS FORMATIVOS:
- Readaptación de titulados e profesionais do sector da construción para a xestión de proxectos de construción industrializada.
- Adquisición de habilidades de planificación específicas para a construción industrializada.
- Adaptación dos coñecementos á organización da produción, loxística e montaxe específicas da construción industrializada.
- Avaliación dos aspectos de seguridade e saúde, e calidade na construción industrializada.
- Preinscrición: do 1 o 20 de febreiro.
- Matrícula: do 23 o 27 de febreiro.
- Link coa información completa do curso: https://euat.udc.es/construccionindustrializada
- Data de comezo: 2 marzo 2026.
- Data de remate: 8 maio 2026.
- Horario de clases: e 16:00 a 21:00 horas os mércores.
- Lugar de impartición: EUAT. Udc. Campus Zapateira.
- Créditos do curso: 5ECTS.
- Total horas do curso: 50 (incluidas visitas a obra ou fábrica).
- Modalidade: presencial
- Número de prazas: mínimo 15, máximo 35.
- Titulados ou graduados.
- Graduado en Arquitectura Técnica, Enxeñería ou Arquitectura. Xefe de obra de empresa construtora.
- CRITERIOS DE SELECCIÓN: Profesionais en activo da Arquitectura Técnica ou experiencia profesional en Direccións de Execución Material ou traballo de xefe de obra.
- Idade: entre 25 e 64 anos.
- Titulación principal de acceso: Arquitecto Técnico.
- Pago de 125€ (Estimación custo matrícula e curso por alumno total con Subvención Plan Microcredenciais, aínda que o custo real do curso é 415 €)


