A construción con madeira experimentou fortes cambios nos últimos anos. A introdución de novos sistemas construtivos como os chamados sistemas mass-timber, a xeneralización de procesos industrializados, e a hibridación de compoñentes fan que a construción con madeira de hoxe sexa moi diferente á dos últimos anos. Estes cambios, espertaron gran interese no sector da construción porque permitiron que a madeira pase de ser un material de utilización minoritaria en cidades e destinado a edificacións de baixa altura, a ser un material, que, combinándoo adecuadamente co aceiro e formigón, mellore a sustentabilidade e industrialización dos edificios que necesitamos no presente e futuro.
Neste contexto, un conxunto de profesores da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña (ETSAC), e en colaboración con profesionais nacionais e internacionais, decidiron ofertar un curso de Microcredencial en Deseño de Edificación Industrializada con Madeira.
A súa intención con este curso breve é poder ofrecer a profesionais de arquitectura, enxeñería e construción unha visión global e moderna da estado da arte da construción industrializada en madeira, específica para proxectos de edificación. No curso trataremos temas no referente ao deseño estrutural e non estrutural destas edificacións, incluíndo o marco normativo europeo que está por chegar a toda Europa, deseño con sistemas mass-timber, deseño con lixeiro-frame, deseño con sistemas híbridos madeira-aceiro e madeira formigón, principios de transporte, execución e loxística, industrialización e ferramentas modernas de deseño tales como deseño paramétrico con Grasshopper, RFEM, SPEC-Toolbox, entre outros.
En total o curso terá unha duración de 63 horas presenciais (ETSAC, A Coruña, España), e 12 horas en liña. A preinscrición está aberta ata o 16 de febreiro. As clases serán desde finais de febreiro ata finais de xuño do 2026, en horario de tarde (15 a 19 horas os venres).
A admisión ao curso realizarase por orde de inscrición; a preinscrición pode realizarse enviando un correo a esta mesma dirección picando aquí.
En seguinte ligazón atópanse instrucións relacionadas co proceso de inscrición picando aquí.
Manual de preinscrición e matrícula de alumnos picando aquí.


