O próximo 26 de marzo ás 12:00 h, o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España (CGATE) organiza con motivo da celebración do Día Internacional da Muller un encontro sobre igualdade de xénero na profesión, o cal se transmitirá en liña.
Esta iniciativa desenvólvese no marco das accións levadas a cabo polo Observatorio de Xénero e profesión do CGATE, organismo promovido pola Corporación para axudar a coñecer a situación real da muller dentro da profesión e fomentar a igualdade de xénero no sector da construción en España. A xornada contará coa moderadora Elisa G. McCausland, Responsable de Dirección de Comunicación de Unión Profesional e coa intervención de Ana Mª Cruz Valdivieso, Directora da Escola Técnica Superior de Enxeñería de Edificación da Universidade de Granada. Pola súa banda, a mesa de debate estará composta por: Cristina Bordera Mira, José Javier Alzaga Caldevilla, Helena Ruiz Fernández, Manuel Salgueiro Bel e Cristina Ruiz Jiménez.


