XUNTA/CIXUG: AMPLIACIÓN PRAZO "PROGRAMA XUVENTUDO MENTORING.

A Xunta de Galicia e o CIXUG, organizan a edición VII do Programa Xuventude Mentoring, tal e como consta nas bases publicadas na súa páxina web, está dirixido a persoas de entre 18 e 30 anos, de alta no Sistema de Garantía Xuvenil (que se poden inscribir antes de que remate o prazo o 27 de outubro inclusive) e que teñan rematados estudos universitarios ou de FP superior e estudos de réxime especial en centros ubicados en Galicia.

Combina actividades de mentoría profesional, orientación laboral, formación e networking. Toda a información do programa pódese ver na web https://www.xuventudementoring.gal/, ou en LinkedIn (https://www.linkedin.com/company/xuventude-mentoring-galicia/posts/?feedView=all) estando na actualidade aberta unha convocatoria para unha nova edición, sendo o prazo de inscrición ata o próximo 27 de outubro inclusive. Para inscribirse, é a través desta ligazón: Inscripción, Formulario, VIII Edición - Xuv. Mentoring

Este Programa execútase por parte de CIXUG (Consorcio para o desenvolvemento de aplicacións de xestión universitaria de Galicia), con financiamento da Xunta de Galicia (Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude) e o FSE, en colaboración coas tres universidades de Galicia.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.