SIMPOSIO EAPN 20 MAYO - SANTIAGO DE COMPOSTELA

Adxunto se remite información relativa o Simposium “Así aseguran as entidades de acción social o acceso á vivenda”, que terá lugar o mércores 20 de maio en la EGAP, en Santiago de Compostela, ás 9:30h.

O simposium nace co obxectivo de visibilizar e poñer en valor o trabaooo que desenvolven as entidades do Terceiro Sector de Acción Social como axentes clave na garantía do dereito á vivenda, especialmente no acompañamento a persoas en situación de pobreza ou exclusión social, e nos procesos de inclusión socioresidencial, e está dirixido a entidades do Terceiro Sector, profesionais e responsables en Administracións Públicas e expertos de todo tipo vinculados ou con interese na materia.

Ademais, o programa inclúe un panel de experiencias e aprendizaxes na inclusión socioresidencial que levan a cabo as entidades de Acción Social, e contará cunha mesa diálogo centrada nos retos e oportunidades para avanzar na incorporación do Terceiro Sector como axente social imprescindible na provisión e xestión da vivenda accesible, abordando cuestións clave como o marco lexislativo, a financiación e a necesaria coordinación entre Administracións.

Podes acceder o programa do seminario a través da web de EAPN Galicia.

Inscrición ABERTA AQUÍ

Mércores, 20 de maio, de 09:30h a 14:00h.

Escola Galega de Administración Pública (EGAP), Santiago de Compostela

Mais información: 

https://eapn-galicia.com/simposio-asi-aseguran-as-entidades-de-accion-social-o-acceso-a-vivenda/


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.