XORNADA DIVULGATIVA SOBRE AS ECCOM
O próximo 20 de maio terá lugar, no Auditorio do Edificio Fontán, Cidade da Cultura, Santiago de Compostela, unha Xornada divulgativa sobre as ECCOM —Entidades de Certificación de Conformidade Municipal.
A xornada ten como obxectivo explicar de forma práctica o marco normativo das ECCOM, o seu funcionamento e os seus efectos na tramitación municipal, particularmente no relativo á axilización de expedientes e á mellora da seguridade técnica e xurídica.
Mais información no documento adxunto.


