Os próximos 24, 25 e 26 de novembro de 2026, a Asociación Europea do Radon (ERA), xunto co Cateb, organizará en Barcelona ROOMS, o encontro anual internacional de profesionais dedicados ás medidas preventivas e de mitigación do radon en edificios novos e existentes.
O congreso está dirixido a técnicos e especialistas do sector e reunirá a profesionais de diferentes países para compartir experiencias, solucións e casos prácticos relacionados co control e a mitigación do radon na edificación.
Nestes momentos atópase aberto o prazo de presentación de comunicacións (abstracts). Os profesionais interesados poden presentar un caso práctico sobre actuacións de mitigación do radon en vivendas, centros de traballo ou outros edificios, mediante o envío dun resumo en inglés, dunha extensión máxima dunha páxina, antes do 30 de setembro de 2026. As propostas deberán remitirse a secretary@radoneurope.org.
Así mesmo, os Colexiados poden beneficiarse dun prezo reducido na inscrición do congreso, seleccionando a opción “Membros CATEB”.


