CEMCI: INTRODUCIÓN BÁSICA AO USO DE MEDIOS ELECTRÓNICOS NO PROCEDEMENTO ADMINISTRATIVO

O Centro de Estudos Municipais e de Cooperación Internacional, organiza o curso de Introdución Básica ao uso de medios electrónicos no Procedemento Administrativo, que ofrece unha formación xeral sobre os principais instrumentos electrónicos necesarios para implantar a e-administración, desde unha perspectiva legal e técnica. Céntrase na aplicación das Leis 39/2015 e 40/2015, destacando as dificultades prácticas existentes e a necesidade dunha formación actualizada ante a evolución xurisprudencial.

Inclúe ademais o estudo do Real Decreto 203/2021, que regula o funcionamento do sector público por medios electrónicos, así como aspectos clave como a sede electrónica, o portal web e as actuacións administrativas automatizadas.

O obxectivo é que o alumno adquira coñecementos básicos sobre ferramentas electrónicas e o seu marco normativo, facilitando unha xestión máis áxil e segura nas administracións locais. Tamén aborda os instrumentos normativos necesarios para a súa implementación, como políticas de seguridade, xestión do documento electrónico e sinatura electrónica, conforme á normativa vixente.

  • Formación virtual
  • Datas: do 22/09/2026 ao 19/10/2026

Máis información e inscrición picando aquí.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.