O CGATE envíanos información sobre a Xornada Técnica de Transformación e Saúde na Construción que se celebrará o próximo 29 de setembro de 2026, o Colexio da Arquitectura Técnica de Barcelona organiza a xornada Transformación e saúde na construción, en modalidade presencial no VHIR (Vall Hebron Barcelona Hospital Campus) en horario de 9.30 a 18.00 h, e na que participará o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España.
O simposio ten como obxectivo ofrecer un espazo de encontro e diálogo ao redor da saúde na construción, abordando cuestións como a súa integración no proxecto e a execución, a seguridade e o benestar laboral. O programa combina relatorios, mesas de diálogo, exemplos de boas prácticas e unha visita final ao edificio do VHIR.
O prezo de inscrición é de 35 €, aínda que os Colexiados poderán asistir gratuitamente previa reserva.
No caso de que un Colexiado rexistrado finalmente non poida asistir, deberá cancelar a súa inscrición con antelación para evitar a cobranza do importe establecido.
Nesta ligazón pódese consultar o programa completo e acceder á inscrición.


