A Fundación Arume presenta o programa de Piñeiros 26, a sexta edición do encontro internacional especializado nas coníferas, que se desenvolverá o martes 20 de outubro na Cidade da Cultura de Santiago (Edificio Fontán).
Este ano, Piñeiros 26 contará con Finlandia como país invitado, con relatores que explicarán as claves forestais, industriais e da arquitectura en madeira no país escandinavo. Finlandia destaca pola súa riqueza forestal, con bosques boreais nos que as coníferas son as protagonistas, principalmente o piñeiro silvestre e os abetos, que ocupan ao redor do 90% das masas boscosas, mentres que as frondosas caducifolias, sobre todo os bidueiros, ocupan o 10% restante.
Esa riqueza forestal correspóndese cunha importante tradición de construción con estruturas de madeira, así como cunha potente industria de aserrado ligada á carpintería e interiorismo.
Consulta o programa completo aquí.
Para asistir a Piñeiros26 é necesario facer a inscrición nesta ligazón antes do 5 de outubro. Recibirás un código QR que deberás mostrar o día do evento. Inscribirme agora


