CEG: FORO "REGRESO Ao FUTURO DA PREVENCIÓN DOS RISCOS LABORAIS"

O luns 26 de outubro, a partir das 9.30 horas, a Confederación de Empresarios de Galicia (CEG) organiza o foro «Regreso ao futuro da prevención dos riscos laborais», coa colaboración da Sociedade Galega de Prevención de Riscos Psicosociais e o financiamento da Xunta de Galicia (non ten custo para as persoas asistentes). O encontro terá lugar no Hotel NH Collection de Santiago de Compostela.

A xornada ten como obxectivo reflexionar sobre a evolución da prevención de riscos laborais en Galicia, os principais fitos alcanzados e os retos que aínda quedan por afrontar, prestando especial atención ao papel dos técnicos e técnicas de prevención.

O programa incluirá unha mesa redonda con responsables de seguridade e saúde laboral de distintas empresas galegas, que compartirán experiencias e darán a coñecer estratexias, ferramentas e boas prácticas que están a impulsar nas súas organizacións para avanzar cara a contornas de traballo máis seguros e saudables.

    Modalidade: Presencial
    Data: Luns, 26 de outubro de 2026
    Horario: De 9.30 a 13.30 horas
    Lugar: Hotel NH Collection, Santiago de Compostela
    Programa e inscrición: ligazón


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.