No marco de Ciber.gal, Amtega invítanos a visitar o Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia: Innovación e seguridade no futuro dixital de Galicia, que abrirá as súas portas os próximos 4 e 5 de novembro, en horario de 10:00 a 18:30 horas, na sala 7 do edificio Fontán.
Este showroom constitúe un espazo destinado a dar a coñecer as tecnoloxías, solucións e avances en materia de ciberseguridade aplicada a produtos conectados e o Internet das Cousas (IoT).
A través de diferentes espazos expositivos e demostradores tecnolóxicos, as persoas asistentes poderán coñecer diversos casos de uso vinculados á ciberseguridade, moitos deles procedentes do Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade en Produtos con Elementos Dixitais da Xunta de Galicia.
As visitas terán carácter guiado e contarán co acompañamento de persoal especializado, que presentará as tecnoloxías e solucións expostas, así como os principais riscos de ciberseguridade asociados aos actuais entornos dixitais e as medidas dispoñibles para a protección de dispositivos, servizos e sistemas conectados.
Información da actividade:
- Datas: 4 e 5 de novembro.
- Horario: de 10:00 a 18:30 horas.
- Acceso: mediante inscrición previa.
- Inscrición: Showroom: Innovación e seguridade no futuro dixital de Galicia
As persoas interesadas poderán seleccionar no formulario de inscrición o momento que mellor se adapte a súa dispoñibilidade para realizar a visita.


