O vindeiro martes, 17 de novembro a las 12.30 h, terá lugar no Salón de Graos de la EUATAC a conferencia titulada “O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña. A súa importancia e a colexiación”, impartida polo Presidente do Colexio, D. Juan Carlos Mato Méndez, e o Responsable do seu Gabinete Técnico, Víctor M. Porto Pallín.
Esta actividade, organizada no marco das materias do Grao en Arquitectura Técnica “Economía e Organización de Empresas de Edificación” e “Xestión Inmobiliaria, Taxacións, Valoracións e Arquitectura Legal”, constitúe unha oportunidade de especial interese e de vital importancia para todo o alumnado, xa que permitirá coñecer de primeira man o papel que desempeña o Colexio Oficial da Arquitectura Técnica no exercicio profesional, as súas funcións e servizos, así como a relevancia da colexiación no desenvolvemento da futura carreira profesional.
A asistencia será libre e gratuíta para todas as persoas interesadas.
Emitirase un certificado dixital de asistencia a aquelas persoas que, alén de asistir á conferencia, cumprimentasen previamente o formulario de inscrición habilitado para tal fin. O prazo para realizar a inscrición finalizará ás 12h do martes 17 de novembro, ao que se pode acceder a través desta ligazón ao Formulario de Inscrición.
Toda a información está na páxina web da Escola, e pódese acceder a ela a través desta ligazón á web.


