Os días 3 e 4 de decembro de 2026 celebrarase ENERCOR 2026, o II Seminario sobre o Sector Enerxético na provincia da Coruña, organizado polo Clúster das Enerxías Renovables de Galicia (CLUERGAL).
O encontro reunirá profesionais, empresas e entidades do sector para abordar os principais retos e oportunidades do ámbito enerxético, con especial atención á transición enerxética, ás enerxías renovables, á innovación e á eficiencia enerxética.
Ademais, o día 3 de decembro terá lugar ENERFORUM, V Foro de Formación e Emprego, dedicado á formación e ás oportunidades profesionais no sector.
Unha oportunidade para coñecer as novidades e perspectivas dun sector en constante evolución e de interese para os profesionais da arquitectura técnica.
Máis información, programa e inscricións:


