EUATAC - CONFERENCIA: “Arquitectura Técnica: unha visión internacional”

O próximo xoves, 19 de novembro ás 12:45 h, terá lugar na Aula Magna da EUATAC a conferencia titulada “Arquitectura Técnica: unha visión internacional”, impartida por D. Alejandro Baluja Suárez, Arquitecto Técnico e antigo alumno da Escola, e que conta con mais de dez anos desenvolvendo proxectos internacionais cunha empresa española. 

Esta actividade, organizada no marco das asignaturas do Grao en Arquitectura Técnica “Medicións, Orzamentos e Control Económico da Obra”, “Dirección, Organización e Programación de Obras” e “Calidade e Sostibilidade na Edificación”, constitúe unha oportunidade para todo o alumnado, xa que permitirá coñecer a importancia e a aplicación dos coñecementos técnicos e económicos no mundo empresarial dende unha perspectiva global.

A asistencia será libre e gratuita para todas as persoas interesadas.

Emitirase un certificado dixital de asistencia a aquelas persoas que, ademais de asistir á conferencia, teñan cumprimentado previamente o formulario de inscrición habilitado para tal fin. O prazo para realizar a inscrición rematará ás 12h do xoves 19 de novembro, ao que se pode acceder a través deste enlace o Formulario de Inscrición.

Toda a información está na páxina web da Escola, e pódese acceder a ela a través deste enlace á web.


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.