ATRIBUCIÓNS PROFESIONAIS: ENXEÑEIROS TÉCNICOS DE OBRAS PÚBLICAS EN PROXECTOS DE DEMOLICIÓN

Descarga no documento adxunto a sentenza da Sala do Contencioso do Tribunal Superior de Xustiza de Murcia de 31 de outubro de 2011 que considera que os enxeñeiros técnicos de obras públicas non teñen competencia profesional para a redacción dun proxecto de demolición de vivenda en solo urbán.

A sentenza desestima o recurso de apelación interposto polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas contra sentenza de 23 de outubro de 2009, dictada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo Núm. 3 de Murcia que tamén desestimaba o recurso contencioso-administrativo núm. 754/2005 formulado polo Colexio Oficial de Enxeñeiros Técnicos de Obras Públicas contra resolución do Concello de Molina que denegaba a competencia profesional dun enxeñeiro técnico de obras públicas para a redacción dun proxecto de demolición de vivenda en casco urbán; proxecto que finalmente foi suscrito por arquitecto técnico, obtendo entonces licenza.