ALTA NOVO INGRESO

Os colexiados teñen acceso a todos os servizos colexiais deste COATAC.

Pica aquí para ver as vantaxas de porqué colexiarse?

Para poder solicitar o alta como colexiado é preciso:

1.- Resgardo acreditativo do depósito do Título, ou no seu caso, calquera das seguintes opcións é válida:

  • Título de Aparellador/Arquitecto Técnico ou Enxeñeiro de Edificación.
  • Testimonio notarial do anterior.
  • Orden supletoria do Título.

2.- Recibo de ingreso de cuota de incorporación segun á Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 19/12/2024, mantéñense en:

  • COTA INCORPORACIÓN (1º ano desde a finalización dos estudos) de corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (44,39 €)
  • COTA INCORPORACIÓN (2º ano desde a finalización dos estudos) de oitenta e seis euros con cincuenta céntimos (86,50 €)
  • COTA INCORPORACIÓN (a partir do 3º ano desde a finalización dos estudos) cento trece euros con cincuenta e dous céntimos (113,52 €)

Pica aquí para ver a conta colexial para o ingreso.

3.- Declaración de non atoparse inhabilitado para o exercicio profesional.

4.- Fotocopia do D.N.I.

5.- 3 Fotografías tamaño carné.

6.- Impreso conta corrente con IBAN e BIC, para autorización de abono de cotas.

7.- Documento IBAN.

8.- Autorización de consulta a RNTUO. (solo cubrir en caso de solicitud expresa por parte del COATAC)

Na Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 19/12/2024, mantéñense as cotas colexiais en:

  • Durante o primeiro ano de colegiación é de 12,44 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no ano inmediato á finalización dos estudos).
  • Durante o segundo ano de colegiación é de 23,91 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ou continúen colexiados no segundo ano inmediato á finalización dos estudos).
  • A cota colexial ordinaria para o resto de colexiados é de 29,00 € mensuais.

Podes descargar a documentación necesaria para colexiarse nos documentos adxuntos e solicitar no colexio a ficha colexial que deberás entregar cuberta xunto co resto de documentación asinada dixitalmente ou en orixinal.

 


Por último, recordámosche que se mantén dende o exercizo 2023 a *exención da cuota colexial por maternidade/paternidade, adopción ou acollemento. A duración da devandita exención será durante 4 meses para as colexiadas e 2 meses para os colexiados. A devandita exención terá efectos en caso de maternidade, desde a data do parto e nos casos de adopción e acollemento, a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa de acollemento.

*Por acordo de Xunta de Gobierno, de forma provisional ata súa ratificación pola Xunta Xeneral de Colexiados, se procede,  procédese a igualar a exención do número de cuotas colexiais por maternidade/paternidade, adopción ou acollemento, de xeito que, por este concepto, quedan exonerados do pago de cuatro (4) cuotas tanto as colexiadas (mulleres) como os colexiados (homes).

En todos os casos sempre con previa solicitude e adxuntando documentación que así o xustifique.

Todos podemos contribuír a reducir o impacto das nosas actividades no medio ambiente. Na seguinte ligazón tes as nosas recomendacións respecto diso:

https://www.coatac.es/paginas/certificaciones