REINGRESO
Os colexiados que estiveran dados de alta neste Colexio e que na actualidade estén dados de baixa, pueden solicitar o reingreso, para isto só precisan entregar no Colexio a documentación cumprimentada, que podes descargar no documento adxunto, xustificante da cota de incorporación segundo á Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 15/12/2022:
  • COTA INCORPORACION/REINGRESO (1º ano desde a finalización dos estudos) de corenta e catro euros con trinta e nove céntimos (44,39 €) 
  • COTA INCORPORACION/REINGRESO (2º ano desde a finalización dos estudos) de oitenta e seis euros con cincuenta céntimos (86,50 €) 
  • COTA INCORPORACIÓN/REINGRESO (a partir do 3º ano desde a finalización dos estudos) cento trece euros con cincuenta e dous céntimos (113,52 €)
Pica aquí para ver a conta colexial para o ingreso.
Na Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 15/12/2022, fixaronse unas cotas colexiais que son de aplicación a partir do 01/01/2023, de:      
  • Durante o primeiro ano de colegiación é de 12,44 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no ano inmediato á finalización dos estudos).
  • Durante o segundo ano de colegiación é de 23,91 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no segundo ano inmediato á finalización dos estudos).
  • A cota colexial ordinaria para o resto de colexiados é de 29,00 € mensuais.
Tamén se estableceu para o exercicio 2023 a exención da cota colexial por maternidade/paternidade, adopción ou acollemento, segundo o seguinte:

A duración da devandita exención será durante 4 meses para as colexiadas e durante 2 meses para os colexiados.Dita exención terá efectos, no caso de maternidade dende a data do parto. Nos casos de adopción e acollemento a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa de acollemento. En todos os casos sempre con previa solicitude e achegando documentación que así o xustifique.

Podes descargar a documentación precisa nos documentos adxuntos a cal deberás presentar asinada en calquera das delegacións colexiais ou tamén podes enviala asinada dixitalmente a secretaria@coatac.es

O impreso de ingreso e o documento IBAN deben de entregarse asinado en orixinal en calquera das delegacións colexiais co resto de documentación, tamén é válido si se envía por e-mail asinado dixitalmente.

Todos podemos contribuír a reducir o impacto das nosas actividades no medio ambiente. Na seguinte ligazón tes as nosas recomendacións respecto diso: https://www.coatac.es/paginas/certificaciones