ALTA COLEXIAL PROCEDENTES DOUTRO COLEXIO
PORTADA SERVIZOS ColexiaciónAlta Colexial Procedentes doutro Colexio

Os colexiados que estén dados de alta noutro Colexio, ou que nalgún momento estiveran colexiados nalgún Colexio de España, poden darse de alta neste Colexio, para o que teñen que cumprimentar a seguinte documentación:

  • Certificado do Colexio de residencia ou do último Colexio no que causou alta.
  • Solicitude alta colexial.
  • Recibo de ingreso de cota de incorporación según a certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o  15/12/2022:
    • COTA INCORPORACION (1º ano desde a finalización dos estudos) de corenta e tres euros con cincuenta e dous céntimos (44,39 €)
    •  COTA INCORPORACION (2º ano desde a finalización dos estudos) de oitenta e catro euros con oitenta céntimos (86,50 €)
    •  COTA INCORPORACIÓN (a partir do 3º ano desde a finalización dos estudos) cento once euros con cincuenta e sete céntimos (113,52 €). 

  • Unha fotografía tamaño carné.
Pica aquí para ver a conta colexial para o ingreso.
Podes descargar a documentación precisa nos documentos achegos e solicitar no Colexio a ficha colexial para entregala cuberta e asinada.

Na Certificación de Acordos da Xunta Xeral Ordinaria celebrada o 15/12/2022, fixaronse unas cotas colexiais de:

  • Durante o primeiro ano de colegiación é de 12,44 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no ano inmediato á finalización dos estudos).
  • Durante o segundo ano de colegiación é de 23,91 € mensuais (para titulados que soliciten a incorporación ao COATAC no segundo ano inmediato á finalización dos estudos).
  • A cota colexial ordinaria para o resto de colexiados é de 29,00 € mensuais.
Tamén se estableceu para o exercicio 2023 a exención da cota colexial por maternidade/paternidade, adopción ou acollemento, segundo o seguinte:

A duración da devandita exención será durante 4 meses para as colexiadas e durante 2 meses para os colexiados.Dita exención terá efectos, no caso de maternidade dende a data do parto. Nos casos de adopción e acollemento a partir da data da resolución xudicial pola que se constitúe a adopción ou a partir da decisión administrativa de acollemento. En todos os casos sempre con previa solicitude e achegando documentación que así o xustifique.

Podes descargar a documentación precisa no documento achego e  solicitar no colexio a ficha colexial que deberás entregar cuberta xunto co resto de documentación.

O impreso e o documento IBAN deben de entregarse asinado en orixinal en calquera das delegacións colexiais co resto de documentación, tamén é válido si se envía por e-mail asinado dixitalmente.

Todos podemos contribuír a reducir o impacto das nosas actividades no medio ambiente. Na seguinte ligazón tes as nosas recomendacións respecto diso: https://www.coatac.es/paginas/certificaciones