PRECOLEXIACIÓN

En Xunta Xeral celebrada o 22 de decembro de 2008, aprobouse a creación da figura do pre-colexiado para alumnos de Arquitectura Técnica ou Enxeñería de Edificación, facultando á Xunta de Goberno para que arbitre as medidas precisas a tal fin.

Coa precolexiación, preténdese involucrar na vida colexial aos alumnos de calquer Escola de Arquitectura Técnica ou de Enxeñería de Edificación da Comunidade Galega. Con esta figura, os alumnos matriculados, poderán, de forma gratuita e por períodos dun ano prorrogables por mesmo tempo, pre-colexiarse no Colexio, o que lles dará dereito a clave de acceso (Nivel 1) para a páxina web colexial e asistencia ao 5% das prazas reservadas para eles en cursos de formación.

Poderán precolexiarse os alumnos aos que lles reste por superar un máximo de dez asignaturas, ou bien estean na fase de elaboración do Proxecto de Fin de Carreira.

Ventaxas da precolexiación

Ao darse de alta como precolexiado accédese ás seguientes ventaxas e servizos:

 Bolsa de Traballo:

  • Posibilidade de visualizar, a través do Portal do colexiado da web corporativa, as ofertas de traballo xestionadas polo  COATAC.

Formación:

  • Acceso en condicións especiais ao programa formativo do Colexio, nas mesmas condicións que os colexiados.
    Posibilidade de adquirir as publicacións do fondo editorial do Colexio beneficiándose de prezos especiais iguais que para os colexiados.
    Información sobre outras accións formativas externas de interese para o profesional da construción.

Biblioteca e Centro de Documentación:

  • Libre acceso para consulta na sala de todos os fondos dispoñibles, compostos por máis de 7.000 títulos, revistas profesionais vivas, revistas mortas, normas construtivas, catálogos comerciais, etc.
  • Acceso á base de datos lexislativa A Lei con máis de 2.300 rexistros activos.
  • Acceso á base de datos lexislativa do sector, de elaboración propia, creada e mantida desde o Gabinete Técnico Colexial.

Podes descargar toda a documentación no documento adxunto.

Todos podemos contribuír a reducir o impacto das nosas actividades no medio ambiente. Na seguinte ligazón tes as nosas recomendacións respecto diso: https://www.coatac.es/paginas/certificaciones


Ficheiros
  • No hay ficheiros en esta sección.

Ficheros