Canles e Redes sociais do COATAC

O Colexio pon á túa disposición tres novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).

Ler máis

01/10/24

Novas destacadas ver +

Formación COATAC

Informámosche que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes eventos formativos organizados polo COATAC:

Mais información sobre este e outros eventos organizados polo COATAC picando aquí.

Ler máis

28/10/26

CGATE: Aclaración sobre os efectos da Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, do 04 de xuño, e as competencias dos Arquitectos Técnicos para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda

Ante as distintas interpretacións que se están difundendo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:

  • “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.”
  • “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.”
O COATAC está estudando todas as actuacións posibles encamiñadas a defender as atribucións profesionais do noso colectivo, mantenéndose vixilante ante calquera interpretación interesada que extralimite os efectos desta Sentenza.

Podes consultar a nota completa do CGATE no documento adxunto.

Ler máis

28/10/26

Convenio Colaboradores Sociais do Concello de Santiago de Compostela

O COATAC e o Concello de Santiago facilitan a tramitación tributaria telemática aos arquitectos/as técnicos/as

O Colexio Oficial da Arquitectura Técnica da Coruña (COATAC) e o Concello de Santiago de Compostela subscribiron un convenio de colaboración social en materia tributaria (ao amparo dos arts. 92 e 96 da Lei Xeral Tributaria).

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

19/10/26

Seguimento orzamentario mensual: setembro 2026

Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de setembro.

Ler máis

15/10/26

Circular 2610

Xa está dispoñible a nova Circular 2610, co seguinte contido desenvolvido:

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

02/10/26

Calendario Colexial 2027

Co obxectivo de realizar un calendario colexial de sobremesa para o ano 2027, queremos que todos os colexiados/as que estean interesados/as poidan participar achegando fotografías en formato jpg coa mellor resolución posible.

Animámosvos a participar!

Ler máis

15/09/26

Últimas novas ver +

Resolución de 15 de outubro de 2026

Publicouse no DOG nº 204, de 26 de outubro, RESOLUCIÓN de 15 de outubro de 2026, da Secretaría Xeral de Emprego e Relacións Laborais, pola que se dá publicidade ás festas laborais de carácter local para o ano 2027, correspondentes aos concellos das castro provincias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Ler máis

27/10/26

CGATE: Congreso Construtec 2026

O CGATE envíanos información sobre Construtec que se celebrará en IFEMA MADRID do próximo 10 ao 13 de novembro de 2026, integrada na Semana Internacional da Construción xunto con VETECO, SMART DOORS e PISCIMAD. Esta edición reunirá aos principais axentes da cadea de valor da edificación e poñerá o foco na innovación, a industrialización, a sustentabilidade e a transformación dixital do sector.

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

27/10/26

Real Decreto 874/2026

Publicouse no BOE nº 263, de 23 de outubro, Real Decreto 847/2026, de 21 de outubro, polo que se establecen as disposicións mínimas de seguridade e saúde aplicables aos traballos con risco de exposición o amianto.

Ler máis

23/10/26

Real Decreto 846/2026

Publicouse no BOE nº 263, de 23 de outubro, Real Decreto 846/2026, de 21 de outubro, polo que se modifican o Real Decreto 665/1997, de 12 de maio, sobre a protección dos traballadores contra os riscos relacionados coa exposición a axentes canceríxenos, mutáxenos o reprotóxicos durante o traballo, e o Real Decreto 374/2001, de 6 de abril, sobre a protección da saúde e seguridade dos traballadores contra os riscos relacionados cos axentes químicos durante o traballo.

Ler máis

23/10/26