Canles e Redes sociais do COATAC

O Colexio pon á túa disposición tres novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).

Ler máis

01/10/24

Novas destacadas ver +

CGATE: Aclaración sobre os efectos da Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, do 04 de xuño, e as competencias dos Arquitectos Técnicos para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda

Ante as distintas interpretacións que se están difundendo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:

  • “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.”
  • “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.”
O COATAC está estudando todas as actuacións posibles encamiñadas a defender as atribucións profesionais do noso colectivo, mantenéndose vixilante ante calquera interpretación interesada que extralimite os efectos desta Sentenza.

Podes consultar a nota completa do CGATE no documento adxunto.

Ler máis

06/10/26

Formación COATAC

Informámosche que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes eventos formativos organizados polo COATAC:

Mais información sobre este e outros eventos organizados polo COATAC picando aquí.

Ler máis

05/10/26

Circular 2610

Xa está dispoñible a nova Circular 2610, co seguinte contido desenvolvido:

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

02/10/26

Convocatoria de Premios Galicia 2025/2026 a Proxectos Fin de Grao

O Consello Galego de Colexios de Aparelladores e Arquitectos Técnicos, acordou conceder premios aos mellores Proxectos de Fin de Grao que, conforme ás bases que se achegan, fosen redactados por alumnos da Escola Universitaria de Arquitectura Técnica da Universidade da Coruña.

Ler máis

25/09/26

Seguimento orzamentario mensual: agosto 2026

Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de agosto.

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

18/09/26

Peritaciones ante a Admón. de Xustiza, Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de UPG, Ilustre Colexio Notarial de Galicia e COAFGA durante o ano 2027 e renovación no Rexistro de Mediadores de IMEDIATIE 2027

Infórmase que, ábrese o prazo para que todos os colexiados, que estean interesados en realizar peritaciones ante a Administración de Xustiza durante o ano 2027, comuníqueno no Colexio. Esta listaxe será o que se envíe ao Ilustre Colexio Notarial de Galicia, e tamén o que figure na Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de Unión Profesional de Galicia 2026.

Ademais, o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia – COAFGA, solicita a este Colexio listado de colexiados interesados en realizar un estudo sobre a contabilización da calefacción e mellora das instalacións.

Ao mesmo tempo, como en anos anteriores, o COATAC vai renovar o Rexistro de Mediadores que formarán parte da súa Institución de Mediación en asuntos civís e mercantís (IMEDIATIE), que estará composto por todos os colexiados mediadores, que cumpran cos requisitos legais establecidos para poder realizar labores de Mediación.

Ler máis

17/09/26

Últimas novas ver +

Instrución de 29 de setembro

Publicouse no BOE nº 249, de 7 de outubro, Instrución de 29 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, en relación coa Instrución de 11 de setembro de 2000, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre a forma de acreditar ante Notario e Rexistrador a constitución das garantías a que se refire o artigo 20.1 da Lei de Ordenación da Edificación.

Ler máis

09/10/26

Ministerio de Facenda - Nota Informativa modificación prazos VERI*FACTU

Pica aquí para consultar a Nota Informativa emitida polo Ministerio de Facenda o 05/10/2026, en relación coa previsión de modificación dos prazos de aplicación das obrigaciones pendentes para os empresarios e profesionais derivadas do Regulamento de sistemas informáticos de facturación (Real Decreto 1007/2023) e converxencia co sistema de factura electrónica. 

Ler máis

08/10/26

Orden HAC/1028/2026

Publicouse no BOE nº 247, de 5 de outubro, Orde HAC/1028/2026, de 2 de outubro, pola que se regula a solución pública de facturación electrónica, dacordo co disposto na disposición final terceira do Real Decreto 238/2026, de 25 de marzo, polo que se desenvolve o sistema de facturación electrónica obrigatoria entre empresarios e profesionais e polo que se modifica o Regulamento polo que se regulan as obrigacións de facturación, aprobado polo Real Decreto 1619/2012, de 30 de novembro.

Ler máis

06/10/26

Orde TED/1024/2026

Publicouse no BOE nº 246, de 3 de outubro, Orde TED/1024/2026, de 30 de setembro, pola que se determina a información pública do Rexistro de produción e xestión de residuos.

Ler máis

06/10/26