Do 22 ao 24 de outubro, celebrarase en Logroño a 18º Conferencia Española de Passivhaus, neste evento reúnense quen non queren seguir construíndo como sempre. Durante tres días crúzanse ideas, avances e oportunidades entre profesionais, técnicos, fabricantes e administracións públicas que apostan por outra forma de facer arquitectura: eficiente, bioclimática e con rigor.
A Conferencia é unha experiencia para todos e todas: desde estudantes ata perfís moi especializados e cunha longa traxectoria laboral. A CEPH é unha oportunidade única para conectar con profesionais de todo tipo e estar na vangarda da arquitectura pasiva, dirixida a profesionais, administración, empresas, estudantes e público en xeral.
Terá lugar no Rioxa Forum, un Palacio de Congresos e Auditorio cuxa arquitectura se abre ao río Ebro. Inaugurado en 2004, conta cunha privilexiada localización a 5 minutos andando do centro de Logroño na rúa Santo Millán 23-25.
Mäs información e inscrición picando aquí.


