Canles e Redes sociais do COATAC

O Colexio pon á túa disposición tres novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).

Ler máis

01/10/24

Novas destacadas ver +

Técnico competente elaboración CEE

Lembrámosche que, en aplicación do Real Decreto 659/2025, que modifica o Real Decreto 390/2021, a partir do xoves 23 de xullo de 2026 é obrigatorio estar acreditado como técnico competente para poder elaborar Certificados de Eficiencia Enerxética (CEE).

Esta acreditación como técnico competente pode realizarse a través do procedemento en Sede Electrónica do Ministerio para a Transición Ecolóxica e o Reto Demográfico, onde ademais facilítanse todas as guías e información o respecto:

 

Ler máis

28/07/26

Seguimento orzamentario mensual: xunio 2026

Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de xunio.

Ler máis

20/07/26

Horario colexial en verán e Semana Grande

Lembrámosche que o horario de atención o público en verán (ata o 30 de setembro) será de 8,30 a 14,30 horas de luns a venres, nas tres oficinas colexiais.

Ademais, informámosche que, con motivo da celebración da Semana Grande, o horario de atención das nosas oficinas será de 9,00 a 13,00 horas, os días:

  • Do 3 o 7 de agosto, ambos días incluidos na Coruña.
  • Do 24 al 28 de agosto, ambos días incluidos en Ferrol.
  • Do 20 al 24 de xullo, ambos días incluidos en Santiago de Compostela.

Ler máis

14/07/26

Circular 2607

Xa está dispoñible a nova Circular 2607 co seguinte contido desenvolvido:

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

07/07/26

Fotografías da celebración do San Juan Ortega 2026

Xa están dispoñibles as fotografías da celebración do noso Patrón San Juan de Ortega, realizada o 5 de xuño.

Se asistiches á devandita celebración, podes descargarche nos documentos adxuntos as fotos desta festividade (formato pdf e PowerPoint).

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

18/06/26

anterior Eventos en Xullo de 2026 siguiente Resto de eventos programados

Non hai ningún evento por celebrar no mes seleccionado.

Últimas novas ver +

Convocatoria Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia

O 11.06.2026 publicáronse no Diario Oficial de Galicia (DOG) as bases reguladoras e a convocatoria da I edición dos Premios de Sostibilidade Empresarial de Galicia, unha iniciativa promovida pola Xunta de Galicia co obxectivo de recoñecer e impulsar o compromiso e as boas prácticas ambientais das entidades galegas.

A convocatoria, dirixida a aquelas organizacións públicas ou privadas rexistradas no Rexistro galego de centros adheridos ao Sistema comunitario de xestión e auditoría medioambientais (EMAS), prevé tres categorías en función do tamaño da organización, así como recoñecementos específicos á traxectoria no sistema EMAS e a iniciativas concretas que destaquen pola súa contribución á sostibilidade.

Nota: publicouse no DOG nº 134, de 20 de xullo, a  ORDE de 14 de xullo de 2026 pola que se abre un novo prazo de presentación de solicitudes na convocatoria regulada pola Orde de 2 de xuño de 2026 pola que se aproban as bases reguladoras dos Premios EMAS de sostibilidade empresarial de Galicia e convócanse para o ano 2026 (código de procedemento MT976C), mediante a que se amplía o prazo de presentación ata o 01/09/2026.

Ler máis

22/07/26

Banco Sabadell: Oferta de servizos financeiros Profesionais

Desde Banco Sabadell, e no marco do convenio de colaboración asinado con este Colexio, poñen ao dispor dos vosos colexiados/as unha oferta de servizos financeiros deseñada especificamente para profesionais, con condicións preferentes e acompañamento especializado.

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

17/07/26

CGATE: Revista CERCHA nº 169 (Xullo 2026)

Xa está dispoñible o nº 169 da revista CERCHA de Arquitectura Técnica editada polo CGATE correspondente o mes de xullo de 2026.

 

Podes descargala picando aquí.

Ler máis

15/07/26

Campaña empresa solidaria

Unión Profesional de Galicia súmase á campaña Casilla Empresa Solidaria, impulsada desde EAPN Galicia-Red Europea contra a Pobreza. 

Co inicio do período da declaración do Imposto de Sociedades, comeza a campaña Casilla Empresa Solidaria. Unha iniciativa que asegura que, marcando este recadro, o 0,7 % da tributación se destine a financiar proxectos sociais. É unha acción voluntaria libre e a custe cero para as empresas e coa que se apoia a iniciativas de entidades do Terceiro Sector que promoven a inclusión, a igualdade e o benestar social de todas as persoas, en especial as que están nunha situación de maior vulnerabilidade.

Ler máis

15/07/26