Canles e Redes sociais do COATAC

O Colexio pon á túa disposición tres novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).

Ler máis

01/10/24

Novas destacadas ver +

CGATE: Aclaración sobre os efectos da Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, do 04 de xuño, e as competencias dos Arquitectos Técnicos para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda

Ante as distintas interpretacións que se están difundendo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:

  • “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.
  • “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.
O COATAC está estudando todas as actuacións posibles encamiñadas a defender as atribucións profesionais do noso colectivo, mantenéndose vixilante ante calquera interpretación interesada que extralimite os efectos desta Sentenza.

Podes consultar a nota completa do CGATE no documento adxunto.

Ler máis

16/09/26

Calendario Colexial 2027

Co obxectivo de realizar un calendario colexial de sobremesa para o ano 2027, queremos que todos os colexiados/as que estean interesados/as poidan participar achegando fotografías en formato jpg coa mellor resolución posible.

Animámosvos a participar!

Ler máis

15/09/26

Circular 2609

Xa está dispoñible a nova Circular 2609, co seguinte contido desenvolvido:

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

07/09/26

AF

Lémbrase que a partir do 1 de outubro o horario de atención o público do COATAC é o seguinte (Xornada de Inverno):

  • Mañás: de 8,30 a 14,30 horas.
  • Ademais, os xoves en xornada de tarde: de 16,30 a 18,30 horas.

Ler máis

01/09/26

Seguimento orzamentario mensual: xullo 2026

Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de xullo.

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

13/08/26

Últimas novas ver +

IV Edición dos Premios da Arquitectura Técnica a actuacións en Cidades Patrimonio Mundial

A Asociación Colexios Oficiais da Arquitectura Técnica en cidades Patrimonio Mundial (A Coruña, Ávila, Badaxoz, Cáceres, Córdoba, Cuenca, Eivissa, Xaén, Madrid, Salamanca, Segovia, Tarragona, Tenerife e Toledo), organiza xunto co patrocinio o Consello Xeral da Arquitectura Técnica de España, CGATE e o Comité Nacional Español de ICOMOS, Consello Internacional de Monumentos e Sitios, (organismo asesor de UNESCO) os Premios da Arquitectura Técnica a actuacións en cidades Patrimonio Mundial.

Ler máis (necesitas estar rexistrado)

15/09/26

Folla de Información Técnica HIT 4/26 - setembro

O Gabinete Técnico do CGATE elaborou o nº 4 correspondente o ano 2026 da Folla Informativa Técnica (HIT) en formato dixital, con diferentes contidos sobre regulamentación, normativa e demais documentación referenciada correspondente a estos últimos meses.

O acceso o presente número pode realizarse picando aquí.

Ler máis

10/09/26

Convenio IMASGAL - actividades formativas setembro 2026

Dentro do Convenio suscrito entre o Consello Galego da Arquitectura Técnica e IMASGAL TÉCNICA, S.L., para fomentar a formación e coñecementos en software deseñado para a arquitectura e a enxeñería, comunícanse as accións formativas a realizar por IMASGAL no mes de setembro. 

Para ampliar a información sobre as distintas accións consulta o documento adxunto.

Ler máis

10/09/26

Excursión a Illa de Sálvora

O COATAC organiza para os seus colexiados, unha excursión á Illa de Sálvora, que terá lugar o sábado 26 de setembro.

Ler máis

09/09/26