Canles e Redes sociais do COATAC
O Colexio pon á túa disposición tres novas canles de comunicación, para facerche chegar de forma regular todas as novidades de interese para a profesión (Noticias, Eventos/Formación, etc).
01/10/24
CGATE: Aclaración sobre os efectos da Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, do 04 de xuño, e as competencias dos Arquitectos Técnicos para redactar proxectos de cambio de uso de local a vivenda
Ante as distintas interpretacións que se están difundendo sobre a Sentenza do Tribunal Supremo nº 700/2026, de 4 de xuño, o CGATE emitiu unha nota aclaratoria para precisar o alcance real desta resolución, da que se puede extraer o seguinte:
- “A cuestión controvertida no supuesto enxuiciado no procedemento de referencia circunscríbese a determinar se os profesionais da Arquitectura Técnica son competentes para redactar un proxecto de cambio de uso dun local a vivenda que forma parte dun edificio cuxo uso característico é comercial e industrial.”
- “A sentenza do Supremo supón un único pronunciamento sobre o concreto suposto enxuiciado, polo que non xenera xurisprudencia e non anula a xurisprudencia menor emanada dos distintos Tribunais Superiores de Xustiza que ven a confirmar a competencia dos Arquitectos Técnicos para a redacción de proxectos de cambio de uso de local a vivenda en edificios cuxo uso característico é o residencial.”
16/10/26
Seguimento orzamentario mensual: setembro 2026
Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de setembro.
15/10/26
Formación COATAC
Informámosche que está aberto o prazo de inscrición para os seguintes eventos formativos organizados polo COATAC:
- Curso: Calidade na edificación: Marcado CE e Plans de Control das estruturas de formigón (A Coruña e videoconferencia)
- NEDGIA: A transición enerxética non será eléctrica.
- Ciclo de Obradoiros (sesións xoves) - Ventaxas da IA na Arquitectura Técnica
- Ciclo de Obradoiros (sesións venres) - Ventaxas da IA na Arquitectura Técnica
Mais información sobre este e outros eventos organizados polo COATAC picando aquí.
15/10/26
Circular 2610
Xa está dispoñible a nova Circular 2610, co seguinte contido desenvolvido:
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
02/10/26
Seguimento orzamentario mensual: agosto 2026
Consulta no documento adxunto o Seguimento Orzamentario Mensual correspondente ao ano 2026, actualizado ao mes de agosto.
Ler máis (necesitas estar rexistrado)
18/09/26
Peritaciones ante a Admón. de Xustiza, Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de UPG, Ilustre Colexio Notarial de Galicia e COAFGA durante o ano 2027 e renovación no Rexistro de Mediadores de IMEDIATIE 2027
Infórmase que, ábrese o prazo para que todos os colexiados, que estean interesados en realizar peritaciones ante a Administración de Xustiza durante o ano 2027, comuníqueno no Colexio. Esta listaxe será o que se envíe ao Ilustre Colexio Notarial de Galicia, e tamén o que figure na Guía de Peritos Xudiciais e Mediadores de Unión Profesional de Galicia 2026.
Ademais, o Colexio de Administradores de Fincas de Galicia – COAFGA, solicita a este Colexio listado de colexiados interesados en realizar un estudo sobre a contabilización da calefacción e mellora das instalacións.
Ao mesmo tempo, como en anos anteriores, o COATAC vai renovar o Rexistro de Mediadores que formarán parte da súa Institución de Mediación en asuntos civís e mercantís (IMEDIATIE), que estará composto por todos os colexiados mediadores, que cumpran cos requisitos legais establecidos para poder realizar labores de Mediación.
17/09/26
Actualización das Ferramentas para a certificación de eficiencia enerxética de edificios
O pasado 30 de setembro entrou en vigor a actualización dos documentos recoñecidos asociados o procedemento para a certificación da eficiencia enerxética de edificios. Desde dita data, os Rexistros das Comunidades Autónomas únicamente admitirán os certificados de eficiencia enerxética realizados coas derradeiras versións actualizadas das ferramentas recoñecidas: HULC, CE3X e o seu complemento, CYPETHERM HE Plus, SG SAVE, TeKton3D TK-CEEP e CERMA.
14/10/26
Resolución de 8 de outubro
Publicouse no BOE nº 254, de 13 de outubro, Resolución de 8 de outubro de 2026, da Dirección Xeral de Traballo, pola que se publica relación de festas laborais para o ano 2027.
13/10/26
Instrución de 29 de setembro
Publicouse no BOE nº 249, de 7 de outubro, Instrución de 29 de setembro de 2026, da Dirección Xeral de Seguridade Xurídica e Fe Pública, en relación coa Instrución de 11 de setembro de 2000, da Dirección Xeral dos Rexistros e do Notariado, sobre a forma de acreditar ante Notario e Rexistrador a constitución das garantías a que se refire o artigo 20.1 da Lei de Ordenación da Edificación.
09/10/26
Ministerio de Facenda - Nota Informativa modificación prazos VERI*FACTU
Pica aquí para consultar a Nota Informativa emitida polo Ministerio de Facenda o 05/10/2026, en relación coa previsión de modificación dos prazos de aplicación das obrigaciones pendentes para os empresarios e profesionais derivadas do Regulamento de sistemas informáticos de facturación (Real Decreto 1007/2023) e converxencia co sistema de factura electrónica.
08/10/26





















